Dies Irae Remix

Ola a tod@s!

Como vos dixen engado a partitura en wix  que atopei  no blog  Interdisciplimúsicas cos audios da peza gregoriana que estamos traballando na clase. Pinchades na imaxe e listo! Podedes consultar tamén a sección que pon “Información” alí atoparedes curiosidades sobre a canción. Música maestro!

dies irae

Renacemento musical

Ola a tod@s!

Como complemento ao tema do Renacemento que estivemos traballando na clase, déixovos esta presentación, que vos pode axudar a repasar, así como unha serie de exercicios interactivos do máis variado. Probádeos para sacar un 10!! Paga a pena…

Actividades:

Características xerais do Renacemento

Características da música do Renacemento

Encrucillado sobre as características musicais do Renacemento

Instrumentos renacentistas

Música vocal do Renacemento

Audicións

Se non tiveches problema, proba con este test, que repasa un pouco de todo: TEST RENACEMENTO

E por último…

Idade Media ou Renacemento?

Test

Relaciona

AQUELES MARABILLOSOS 70!!

Espero que disfrutedes con esta selección de música dos 70. Algúns dos temas xa os escoitamos na clase, así que intentade buscar as características que comentamos  (tanto de aspecto visual como musicais). Esto é unha breve mostra, así que me gustaría que engadírades as vosas propostas musicais para poder atopar a mellor canción dos 70.  O dito, AÍ VAN!!!

Por suposto, xa sabedes, Kraftwerk, pioneiros da música electrónica.

Seguimos co Funky de James Brown , que dará lugar ao Disco dos Bee Gees co seu “Stayin´alive” , ou a  “September” de Earth, Wind and Fire.

 

 

Tamén temos o eurobeat de Abba, que gañou o Festival de Eurovisión en 1974 co seu “Waterloo”.

Un indispensable, “Stairway to heaven” de Led Zeppelin

Tampouco podemos esquecer a Deep Purple, AC-DC e a súa autopista ao inferno.

 

Seguimos en plan heavy metal cos Kiss  e ou o “Walk this way” de Aerosmith.

 

Tócalle ao punk cos Sex Pistols ou un tema de  The Clash que trata da Guerra civil española, “Spanish bombs”.

 

Glam rock, con algo de Queen, é difícil escoller, pero aquí vai “Don´t stop me now”,

 

algo de Roxy Music “More than this”,  Lou Reed co seu “Vicious” e “Life on mars” de David Bowie.

Seguimos con rock, pero desta vez sinfónico. Ademais do vídeo de “The Wall” de Pink Floyd, propóñovos este “Money”, ou algo de Genesis e este tema de Supertramp.

 

E por suposto, esto non estaría completo sen incluír algunha canción reggae de Bob Marley.

Agora xa podedes facer as vosas propostas para atopar a mellor canción dos 70. Estará entre estas?