AQUELES MARABILLOSOS 70!!

Espero que disfrutedes con esta selección de música dos 70. Algúns dos temas xa os escoitamos na clase, así que intentade buscar as características que comentamos  (tanto de aspecto visual como musicais). Esto é unha breve mostra, así que me gustaría que engadírades as vosas propostas musicais para poder atopar a mellor canción dos 70.  O dito, AÍ VAN!!!

Por suposto, xa sabedes, Kraftwerk, pioneiros da música electrónica.

Seguimos co Funky de James Brown , que dará lugar ao Disco dos Bee Gees co seu “Stayin´alive” , ou a  “September” de Earth, Wind and Fire.

 

 

Tamén temos o eurobeat de Abba, que gañou o Festival de Eurovisión en 1974 co seu “Waterloo”.

Un indispensable, “Stairway to heaven” de Led Zeppelin

Tampouco podemos esquecer a Deep Purple, AC-DC e a súa autopista ao inferno.

 

Seguimos en plan heavy metal cos Kiss  e ou o “Walk this way” de Aerosmith.

 

Tócalle ao punk cos Sex Pistols ou un tema de  The Clash que trata da Guerra civil española, “Spanish bombs”.

 

Glam rock, con algo de Queen, é difícil escoller, pero aquí vai “Don´t stop me now”,

 

algo de Roxy Music “More than this”,  Lou Reed co seu “Vicious” e “Life on mars” de David Bowie.

Seguimos con rock, pero desta vez sinfónico. Ademais do vídeo de “The Wall” de Pink Floyd, propóñovos este “Money”, ou algo de Genesis e este tema de Supertramp.

 

E por suposto, esto non estaría completo sen incluír algunha canción reggae de Bob Marley.

Agora xa podedes facer as vosas propostas para atopar a mellor canción dos 70. Estará entre estas?

Cuéntame

Relacionado co tema do pop español dos 60, déixovos este wix coa canción “Cuéntame” do grupo Fórmula V, que tamén serviría como sintonía da serie de TV. Só tedes que pinchar na imaxe e xa podedes practicar!!

cuentame

Música rock. Exercicios de 4º

Deixo esta ligazón a unha páxina sobre a música rock, tanto internacional coma en España. Está todo bastante resumido e esquematizado.
Tedes que revisar todos os apartados que constan e despois realizar tanto as actividades interactivas coma a Caza do Tesouro.
Os resultados correxirémolos o mércores 21 na clase. Boa caza!!

50 anos de The Beatles

Van 50 anos xa desde que os Beatles chegaron ao panorama internacional co seu primeiro grande éxito Love me do. Para conmemoralo imos traballar sobre estes Fabulosos 4. Como introdución podedes ver este vídeo presentación do videoxogo “Beatles Rockband”, que fai un percorrido pola traxectoria do grupo.

Despois podedes visitar  a seguinte páxina de El Mundo, onde tedes toda a información precisa con vídeos e música e este especial de El País.

E aquí tedes unha serie de exercicios para facer:

– Actividades sobre partituras de The Beatles.

– Crucigrama The Beatles.

– E o concurso “lanzamento de profesor” Fling the teacher.

Despois xa sabedes, temos que escoller unha canción para tocar. Para ambientarvos e que vaiades quentando a voz, deixo tamén estes karaokes.

A disfrutalo!

 

 

Etta James

Onte faleceu Etta James, unha das grandes voces do soul e o R&B, que quizais coñeceredes máis pola película “Cadillac Records” , que conta a historia da discográfica Chess de Chicago e onde Etta James ten un papel fundamental interpretado por Beyoncé . Déixovos aquí uns vídeos que lle sirvan de homenaxe:


Chegou o Nadal!!

Chegou o Nadal e con el os adornos da árbore, as luces, as boas intencións, e, por suposto, as cancións de Nadal (sobre todo as que se van tocar no Concerto de Alumn@s 😉 ).

Como mostra,(e de paso para poder practicar un pouquiño para o mércores), inclúo a canción de John Lennon: Happy Xmas (War is Over).

Happy Xmas (War is Over)” gravouse nos Record Plant Studios de New York en outubro de 1971 e publicouse como single. Foi producida por Phil Spector e inclúe un coro de nenos procedente do Harlem Community Choir.

Aínda que o tema figura como unha canción protesta contra a Guerra de Vietnam, pronto se convertiu nun himno navideño.

A letra baséase nunha campaña de publicidade levada a cabo a finais de 1969 por John e a súa muller, Yoko, que alquilaron vallas publicitarias e espazos en revistas para incluír o lema “War Is Over (If You Want It)”, que pode traducirse como “A guerra rematou (se ti queres)”.

A gravación comeza cun leve susurro no que John e Yoko felicitan o Nadal aos seus fillos, Julian e Kyoko.

O single publicouse o 6 de decembro de 1971 en Estados Unidos; no Reino Unido retrasaríase a súa edición ata novembro do ano seguinte. Á morte de Lennon o 8 de decembro de 1980, a canción reeditaríase como single no Reino Unido.

Aquí tedes unha versión en karaoke para que poidades cantar e practicar:

Tamén vos inclúo os audios para practicar a canción cos distintos instrumentos. Moito ánimo e a practicar!!!

Viva la vida

Por fin van eses audios!!!

Déixovos tanto os audios das vosas voces por separado (Nerea, a túa é a de MA), coma a canción orixinal e unha versión karaoke na mesma tonalidade que vos tocades. Agora xa non hai excusas: A ENSAIAR!!