AQUELES MARABILLOSOS 70!!

Espero que disfrutedes con esta selección de música dos 70. Algúns dos temas xa os escoitamos na clase, así que intentade buscar as características que comentamos  (tanto de aspecto visual como musicais). Esto é unha breve mostra, así que me gustaría que engadírades as vosas propostas musicais para poder atopar a mellor canción dos 70.  O dito, AÍ VAN!!!

Por suposto, xa sabedes, Kraftwerk, pioneiros da música electrónica.

Seguimos co Funky de James Brown , que dará lugar ao Disco dos Bee Gees co seu “Stayin´alive” , ou a  “September” de Earth, Wind and Fire.

 

 

Tamén temos o eurobeat de Abba, que gañou o Festival de Eurovisión en 1974 co seu “Waterloo”.

Un indispensable, “Stairway to heaven” de Led Zeppelin

Tampouco podemos esquecer a Deep Purple, AC-DC e a súa autopista ao inferno.

 

Seguimos en plan heavy metal cos Kiss  e ou o “Walk this way” de Aerosmith.

 

Tócalle ao punk cos Sex Pistols ou un tema de  The Clash que trata da Guerra civil española, “Spanish bombs”.

 

Glam rock, con algo de Queen, é difícil escoller, pero aquí vai “Don´t stop me now”,

 

algo de Roxy Music “More than this”,  Lou Reed co seu “Vicious” e “Life on mars” de David Bowie.

Seguimos con rock, pero desta vez sinfónico. Ademais do vídeo de “The Wall” de Pink Floyd, propóñovos este “Money”, ou algo de Genesis e este tema de Supertramp.

 

E por suposto, esto non estaría completo sen incluír algunha canción reggae de Bob Marley.

Agora xa podedes facer as vosas propostas para atopar a mellor canción dos 70. Estará entre estas?

Benvida!!

Benvid@s a tod@s a este novo curso!!

Comeza a recobrar vida este blogue, que espero vos axude a repasar e que sexa unha plataforma de comunicación proveitosa. Xa sabedes que podedes participar en calquera momento cos vosos comentarios, tanto para falar do que xa hai publicado como para facer novas propostas.

Para recibir este curso sen nada pendente, aquí tedes un vídeo-resumo do I Encontro de alumn@s de música de Secundaria e Bacharelato, no que participaron os alumnos de 3º e 4º do ano pasado.

Noraboa a tod@s e disfrutádeo!!

Etta James

Onte faleceu Etta James, unha das grandes voces do soul e o R&B, que quizais coñeceredes máis pola película “Cadillac Records” , que conta a historia da discográfica Chess de Chicago e onde Etta James ten un papel fundamental interpretado por Beyoncé . Déixovos aquí uns vídeos que lle sirvan de homenaxe: