Forrest Gump

Unha vez repartidas todas as partituras, déixovos os audios de cada unha das partes e do conxunto, para que poidades ir repasando.

En primeiro lugar, a versión todos xuntos:

Agora imos por instrumentos:

Melodía (tanto 1 coma 2):

Metalófono soprano:

Metalófono contralto:

Xilófonos:

Baixos (Metalófonos e xilófonos):

Piano:

e por último, o teclado (son de cordas):

Tamén vos deixo as partituras, por se alguén as necesita ou lle interesa mirar algunha outra voz… 😉

Melodía

Melodía 2

Metalófono soprano

Metalófono contralto

Xilófono soprano

Xilófono contralto

Baixos

Cordas

Piano

Chegou o Nadal!!

Chegou o Nadal e con el os adornos da árbore, as luces, as boas intencións, e, por suposto, as cancións de Nadal (sobre todo as que se van tocar no Concerto de Alumn@s 😉 ).

Como mostra,(e de paso para poder practicar un pouquiño para o mércores), inclúo a canción de John Lennon: Happy Xmas (War is Over).

Happy Xmas (War is Over)” gravouse nos Record Plant Studios de New York en outubro de 1971 e publicouse como single. Foi producida por Phil Spector e inclúe un coro de nenos procedente do Harlem Community Choir.

Aínda que o tema figura como unha canción protesta contra a Guerra de Vietnam, pronto se convertiu nun himno navideño.

A letra baséase nunha campaña de publicidade levada a cabo a finais de 1969 por John e a súa muller, Yoko, que alquilaron vallas publicitarias e espazos en revistas para incluír o lema “War Is Over (If You Want It)”, que pode traducirse como “A guerra rematou (se ti queres)”.

A gravación comeza cun leve susurro no que John e Yoko felicitan o Nadal aos seus fillos, Julian e Kyoko.

O single publicouse o 6 de decembro de 1971 en Estados Unidos; no Reino Unido retrasaríase a súa edición ata novembro do ano seguinte. Á morte de Lennon o 8 de decembro de 1980, a canción reeditaríase como single no Reino Unido.

Aquí tedes unha versión en karaoke para que poidades cantar e practicar:

Tamén vos inclúo os audios para practicar a canción cos distintos instrumentos. Moito ánimo e a practicar!!!

Viva la vida

Por fin van eses audios!!!

Déixovos tanto os audios das vosas voces por separado (Nerea, a túa é a de MA), coma a canción orixinal e unha versión karaoke na mesma tonalidade que vos tocades. Agora xa non hai excusas: A ENSAIAR!!