Pinchando na imaxe atoparedes unhas bandas sonoras terroríficas creadas pol@s alumn@s de 4º de ESO que servirán para poñer a guinda a tal noite coma hoxe.
Bo traballo!!!
Pinchando na imaxe atoparedes unhas bandas sonoras terroríficas creadas pol@s alumn@s de 4º de ESO que servirán para poñer a guinda a tal noite coma hoxe.
Bo traballo!!!
Ola a tod@s!
Imos rematar eses estupendos acompañamentos que comezamos na clase. Para iso empregaremos o editor de partituras Musescore, un programa de software libre que se descarga directamente desde a páxina oficial (http://musescore.org/es/descarga) e que está dispoñible para Windows, Mac e Linux. Instalando este programa no ordenador poderemos crear as nosas propias melodías, escoitalas e incluso abrir arquivos MIDI para obter a partitura e así poder interpretalos.
Déixovos esta presentación que está moi clariña e serve para facer o básico, pero para ter máis información podedes consultar o propio manual: http://musescore.org/es/manual-de-usuario
Xa sabedes que podedes comezar a elaborar os vosos murais dixitais e presentacións.
Para axudarvos un pouco cos problemas técnicos, déixovos uns titoriais.
Espero que vos sexan útiles!
Titorial de presentacións en Powerpoint