Para axudarvos cos traballos e á vez que coñezades máis en profundidade a música da África subsahariana, déixovos unha ligazón á páxina que estivemos vendo na clase.
Lembrade que nela tedes tanto exemplos de instrumentos coma de música tradicional, características musicais e música africana máis actual.
Espero que disfrutedes con esta selección de música dos 70. Algúns dos temas xa os escoitamos na clase, así que intentade buscar as características que comentamos (tanto de aspecto visual como musicais). Esto é unha breve mostra, así que me gustaría que engadírades as vosas propostas musicais para poder atopar a mellor canción dos 70. O dito, AÍ VAN!!!
Por suposto, xa sabedes, Kraftwerk, pioneiros da música electrónica.
Seguimos co Funky de James Brown , que dará lugar ao Disco dos Bee Gees co seu “Stayin´alive” , ou a “September” de Earth, Wind and Fire.
Tamén temos o eurobeat de Abba, que gañou o Festival de Eurovisión en 1974 co seu “Waterloo”.
Un indispensable, “Stairway to heaven” de Led Zeppelin
Tampouco podemos esquecer a Deep Purple, AC-DC e a súa autopista ao inferno.
Seguimos en plan heavy metal cos Kiss e ou o “Walk this way” de Aerosmith.
Tócalle ao punk cos Sex Pistols ou un tema de The Clash que trata da Guerra civil española, “Spanish bombs”.
Glam rock, con algo de Queen, é difícil escoller, pero aquí vai “Don´t stop me now”,
Seguimos con rock, pero desta vez sinfónico. Ademais do vídeo de “The Wall” de Pink Floyd, propóñovos este “Money”, ou algo de Genesis e este tema de Supertramp.
E por suposto, esto non estaría completo sen incluír algunha canción reggae de Bob Marley.
Agora xa podedes facer as vosas propostas para atopar a mellor canción dos 70. Estará entre estas?
Relacionado co tema do pop español dos 60, déixovos este wix coa canción “Cuéntame” do grupo Fórmula V, que tamén serviría como sintonía da serie de TV. Só tedes que pinchar na imaxe e xa podedes practicar!!
Ola a tod@s! Como mostra de como foron os comezos da música escrita déixovos este Prezi no que vén todo moi resumidiño. Pinchades na imaxe e listo! Prestade moita atención, porque logo teremos que resolver algunha cuestión…
Moito ánimo e ganas de traballar para este novo curso. Ímoslle dar unha cálida benvida rememorando a lucida actuación do noso centro no II Encontro de alumnos de Música de Vilagarcía.
Para os que aínda non o virades, aquí o tedes: Disfrutádeo!!
Para ver o resto de actuacións só tedes que pinchar nesta ligazón: