Creación de partituras con Musescore

Ola a tod@s!

Imos rematar eses estupendos acompañamentos que comezamos na clase. Para iso empregaremos o editor de partituras Musescore, un programa de software libre que se descarga directamente  desde a páxina oficial (http://musescore.org/es/descarga) e que está dispoñible para Windows, Mac e Linux.  Instalando este programa no ordenador poderemos crear as nosas propias melodías, escoitalas e incluso abrir arquivos MIDI para obter a partitura e así poder interpretalos.

Déixovos esta presentación que está moi clariña e serve para facer o básico, pero para ter máis información podedes consultar o propio manual: http://musescore.org/es/manual-de-usuario

 

Exercicios de linguaxe musical: Calidades do son, notas e figuras

Aquí vos deixo as ligazóns a uns exercicios estupendos para traballar notas, compases e todo o relacionado coa linguaxe musical.

En primeiro lugar, aquí tedes unha aplicación moi interesante para traballar o máis básico da linguaxe musical:

 

 

 

 

 

 

 

E podedes comprobar os vosos avances con estas actividades da profesora Paola Oliva:

 

 

 

 

 

 

Tamén deixo un test sobre as calidades do son.

E agora uns poucos exercicios máis de repaso:

Colocar notas en clave de sol.

Exercicio para recoñecer as notas.

Xogo “lanza ao profesor” sobre a altura.

Encrucillado sobre as figuras.

Renacemento musical

Ola a tod@s!

Como complemento ao tema do Renacemento que estivemos traballando na clase, déixovos esta presentación, que vos pode axudar a repasar, así como unha serie de exercicios interactivos do máis variado. Probádeos para sacar un 10!! Paga a pena…

Actividades:

Características xerais do Renacemento

Características da música do Renacemento

Encrucillado sobre as características musicais do Renacemento

Instrumentos renacentistas

Música vocal do Renacemento

Audicións

Se non tiveches problema, proba con este test, que repasa un pouco de todo: TEST RENACEMENTO

E por último…

Idade Media ou Renacemento?

Test

Relaciona